Corría o ano 2000 cando dous xóvenes aventureiros, emprendedores, amantes do tempo libre e comprometidos coa educación a través do xogo poñían en marcha o primeiro campamento multiaventura adicado a nenos e nenas entre 6 e 12 anos. Nacía así Enrédate, Educación e Tempo Libre, en Lalín, onde os seus fundadores Noelia e Manuel, despois de acumular experiencia en programas de voluntariado (Xóvenes en acción), actividades campamentais (Aberto no verán) e actividades de conciliación (Ludoteka), deciden dar o salto e crear esta empresa adicada á xestión de actividades no tempo libre e a educación non formal.
O noso logo representa a nosa filosofía baseada no traballo incansable da formiga e onde a forma da folla do paracaídas representa a aventura e o amor pola natureza.
Representamos, polo tanto, unha aposta decidida pola educación non formal e o traballo no tempo libre e contamos para iso co mellor equipo de profesionais.
En Enrédate, Educación e Tempo Libre traballamos con multitude de clientes. Dende un pai ou nai que organiza un evento, sexa un cumpreanos, unha Primeira Comunión, Bautizo... ata AMPAS, colexios, concellos, asociacións ou clubes.
Ten por seguro que con nós atoparás aquilo que precisas e que estás a buscar. Intentaremos asesorarte sobre todas as nosas actividades e guiarte para acadar os teus obxectivos.
Se precisas máis información sobre algunha das actividades ou programas que organizamos en Enrédate, Educación e Tempo Libre podes poñerte en contacto con nós. Esperámoste!